Novas
O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ACOLLERÁ MAÑÁ, MÉRCORES, UNHA CHARLA DA ASOCIACIÓN TERRRAS DE MIRANDA SOBRE O PROGRAMA LEADER 2014-2020
O salón de actos da Casa do Concello acollerá mañá, mércores, día 22 de febreiro, ás oito da tarde unha charla informativa organizada pola asociación Terras de Miranda para difundir o programa Leader 2014-2020 no territorio deste grupo de desenvolvemento rural (GDR), no que está o municipio de Lourenzá.
Adriana Polo e Claudia Carril disfrutaron do Nacional de Patinaxe. Noraboa a ambas e á súa adestradora!!!
Nacional de Patinaxe, según a adestradora Tania Irimia:
"Unha experiencia máis para o saco!
Tras unha semana chea de ensaios, nervios, subidas e baixadas, pero sobre todo moita ilusión e impaciencia por que chegara o gran día, hoxe podo dicir que todo o traballo tivo a súa recompensa. Non chegamos ó podium, quedamos case ás portas, pero coa cabeza ben alta e sen perder a esperanza!
Claudia Carril e Adriana Polo representarannos no Trofeo Nacional de Patinaxe en Cantabria!!!
O bo traballo sempre da os seus froitos.
Logo de varios anos de traballo e esforzo, Claudia Carril e Adriana Polo acudirán por primeira vez a unha cita nacional o vindeiro sábado a Cantabria, donde estarán acompañadas das súas familias e de nosa adestradora da sección, Tania Irimia.
A localidade de Panes acolle o Trofeo Nacional de Patinaxe Artístico La Loja (Cantabria) durante toda a xornada do sábado 18 de febreiro.
Henar Méndez gana el prestigioso LV Trofeo Joaquín Romero en la Malata(Ferrol) de Campo a través. Su hermano Ian subcampeón en alevín Masculino / Control de Marcas Cadete de Ainara Rguez. y Aleix Díaz en Asturias
Henar Méndez gana el prestigioso LV Trofeo Joaquín Romero en la Malata(Ferrol) de Campo a través. Su hermano Ian subcampeón en alevín Masculino
En tierras ferrolanas volaban Henar e Ian para subirse una vez más al cajón en esta ocasión en el Memorial Joaquín Romero de la ciudad departamental.
Henar Méndez ganaba la categoría benjamín sobre una distancia de 500 metros parando el crono en 3,01. Acompañaban a Henar en el pódium dos atletas del Atletismo Narón.
LOURENZÁ ACOLLERÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A PROBLEMÁTICA QUE AFECTA ÁS PLANTACIÓNS DE PATACAS NESTE CONCELLO, COMO NOUTROS MOITOS. PERO A ALCALDESA ACLARA QUE OS VECIÑ@S QUE PREGUNTARON POR ESTE ASUNTO XA RECIBIRON EXPLICACIÓNS
Lourenzá acollerá unha reunión informativa sobre a problemática que afecta ás plantacións de patacas neste concello, como noutros moitos da zona. Así o manifestou a alcaldesa, Rocío López, que tamén aclarou que os veciños e veciñas que preguntaron por este asunto xa recibiron explicacións.
MADERAS BARCIA LOURENZÁ F. SALA ALEVÍN.Victoria diante do Valadouro e CAMPIÓN DE LIGA TEMPORADA 2016 2017!!!
O equipo de f. sala alevín das Escolas Lourenzá proclamábase o fin de semana pasado campión de liga da Mariña 2016 - 2017 despois de vencer ó Valadouro a falta dunha xornada para o final; pois aventaxa agora mesmo ó 2º clasificado Burela en 6 puntos.
A Sección de Atletismo no Memorial Alejandro Lorenzo + Galego cadete e xuvenil. A Baña. A Coruña
Henar Méndez, CAMPIONA DO PRESTIXIOSO MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO (A Baña. A Coruña)
Henar Méndez vencía no día onte na categoría benxamín feminino no prestixioso campionato autonómico Memorial Alejandro Lorenzo. Ademáis tivemos a representación da atleta de 1º ano Sheila López Iglesias que acadou a 23ª posición!!!
Toca billete para o Cros: Cto. Galego Cadete e Xuvenil!!! Go!!!
O vindeiro domingo en A Baña (A Coruña) volveremos a estar representados polos incansables atletas do Maderas Barcia Lourenzá.
Na categoría cadete participaremos co equipo ó completo: Ainara Rodríguez, Claudia Graña, Ainhoa López, Ana Vallines e Alba Alonso.
Ademáis na categoría xuvenil masculino participarán Pablo Irimia e Cristian Piñeiro.
Lourenzá, elexida sede para organizar o Campionato Provincial de Campo a Través!! Noraboa a tod@s!!! 19 de Febreiro!!!
As instalacións de Sta. Cruz serán sede por primeira vez dun Campionato Provincial.
Organizará a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, o Concello de Lourenzá, Protección Civil, as Escolas Deportivas Lourenzá, a Agrupación Deportiva A Mariña, Coca Cola, Morangrupo e Panadería Neli.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »
