CONFIGURACIÓN DO GRUPO NORTE DE 1ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA E CALENDARIO
Finalizado o prazo de inscrición, o grupo norte da 1ª División Nacional Feminina establécese cos seguintes 14 equipos por Comunidades:
Finalizado o prazo de inscrición, o grupo norte da 1ª División Nacional Feminina establécese cos seguintes 14 equipos por Comunidades:
O Concello de Lourenzá organiza unha viaxe a Ardebullo, as Canteiras Mucha e Nucha invítannos á súa casa, a Casa da Conexa; asistindo de público á grabación dun dos seus programas o vindeiro mércores 30 de Xullo.
Se conseguimos encher un autobús grande, 45-55 persoas, Mucha e Nucha págannos o bus, polo contrario, teremos que asumir entre todos o coste do bus.
O prazo para apuntarse remata o vindeiro mércores 23, chamando ao teléfono 982121006 (Pepe).
Lourenzá, 16 de xullo de 2014. O Concello de Lourenzá organiza unha viaxe ao parque acuático de Cerceda para o día 8 de agosto, venres. A actividade está dirixida a nenos e nenas de máis de seis anos e as inscricións poden levarse a cabo ata o día 1 de agosto na Casa do Concello en horario de mañá e na Biblioteca Municipal en horario de tarde.
O Concello de Lourenzá facilitará aos veciños que soliciten licencias de obras municipais un listado de técnicos que poden elaborar a documentación necesaria para tramitar esa petición. Os arquitectos ou enxeñeiros interesados en formar parte desa relación de profesionais teñen que inscribirse na Casa do Concello.
Dende o pasado venres ata o domingo estiveron os equipos das Escolas Lourenzá Mondoñedo (Benxamín, Alevín, Infantil A, Infantil B e Cadete) disputando o prestixioso Torneo Internacional de Luarca de fútbol sala base.
Os alevíns e infantís chegarían a disputar a gran final, mentres que os benxamíns, infantil a e cadete caían na fase de grupos.
Aínda coa resaca dunha fin de semana intensa coa ruta de Burela (Serra do Buio-Monte Castelo) e Todos Cara Tovar (Ruta Pena do Castelo), estamos xa a pensar na vindeira andaina, que xa non queda nada. Trátase da SENDA DO OSO, A RUTA DAS XANAS E A SENDA DO VALDOLAYÉS, en Asturias. Por primeira vez, a Asociación de Sendeirismo Terrás de Lourenzá anímase a organizar unha ruta de fin de semana pernoctando fóra, e a zona elixida foi o noso "país" veciño, Asturias. Como podedes comprobar no programa trátase dunha fin de semana moi entretida.
A Concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, foi a encargada de anunciar a posta en marcha dos cursos de natación que se levarán a cabo, entre o 15 de xullo e o 15 de agosto, na piscina municipal. Neles poderán participar “tódolos nenos maiores de seis anos, ou ben que os vaian a cumprir neste ano 2014”, tal e como explicou Flórez.
O Concello de Lourenzá contratará a oito persoas durante tres meses para labores de prevención e extinción de incendios forestais.
Mentres o groso da sección de atletismo participaba o pasado sábado na carreira de Medal, Manuel Folgueira presentabase na media maratón de Palas-Melide (21 kilómetros) realizando unha carreira espectacular acadando a posición 23 da xeral de 700 participantes e sendo o 9º da súa categoría.