A MODIFICACIÓN DO CRÉDITO CONCEDIDO PARA O PAGO A PROVEDORES, APROBADA HOXE NO PLENO DA CORPORACIÓN, SUPORÁ UN AFORRO MEDIO DE 5.000 EUROS ANUAIS, QUE PERMITIRÁ AXILIZAR O PAGO DE FACTURAS
O pleno da corporación municipal de Lourenzá aprobou hoxe unha modificación nas condicións do crédito concedido para o pago a provedores, que suporá un aforro medio de 5.000 euros anuais e permitirá axilizar o pago de facturas pendentes.