Novas

Novas do Concello

O EQUIPO ALEVÍN FEMININO ROZA O PODIUM NO GALEGO DE ATLETISMO

No cto. Galego por equipos disputado en O Barco de Valdeorras, o equipo Alevín Feminino rematou en 4ª posición da clasificación xeral nunha categoría onde venceu o equipo Vila de Cangas de Vigo.

As nosas atletas rendiron a un gran nivel, rematando nas seguintes posicións:

 

Aroa Sordo: 60 metros lisos. / 4ª Clasificada.

Ainara Rguez: 500 metros lisos. / 2ª Clasificada.

Ana Vallines: 1000 metros lisos. / 1ª Clasificada

Mencía Martínez-Sierra: 2 kilómetros marcha. / 5ª Clasificada

ESTE VINDEIRO SÁBADO 12 DE OUTUBRO OS EQUIPOS ALEVÍN MASCULINO E FEMININO DAS E.D. LOURENZÁ-MONDOÑEDO PARTICIPARÁN NO CTO. GALEGO POR EQUIPOS

Este vindeiro sábado día 12 de Outubro os equipos alevín masculino e feminino das E.D. Lourenzá Mondoñedo desplazaranse ata o Barco de Valdeorras para participar no Cto. Galego por Equipos. Ademáis dos nosos pupilos, estarán clubs de renome loitando polo pódium e que son: Franciscanos de Lugo, Afflelou Narón, o anfitrión Adas, Vila de Cangas (Vigo) e Club Atletismo Sada.

Na categoria Alevín Masculino a escuadra estará formada por:

Xoel Otero: 60 metros lisos.

Aleix Diaz: 500 metros lisos.

Adnan Itrih: 1000 metros lisos.

TERRAS DE LOURENZÁ: CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL

Conforme os art. 16 e ss. dos estatutos sociais, convócase os socios membros da Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá”, para o seguinte:

DIA: 03 de Xaneiro de 2014

HORARIO: 21.00 Hs en 1ª convocatoria.

21.30 Hs en 2º convocatoria.

LUGAR: Salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá

A ALCALDESA AFIRMA QUE A 23ª EDICIÓN DA FESTA DA FABA CUMPRIU O OBXECTIVO DE PROMOVER ESTE PRODUTO E O CONCELLO. NAS DEGUSTACIÓNS VENDÉRONSE 1.160 RACIÓNS E NOS MERCADOS COMERCIALIZÁRONSE MÁIS DE 6.000 QUILOS DE FABAS

Lourenzá, 7 de outubro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo esta mañá balance da 23ª edición da Festa da Faba e afirmou que se cumpriu o obxectivo de promover este produto e o concello. Destacou que nas degustacións vendéronse 1.160 racións e nos mercados comercializáronse máis de 6.000 quilos de fabas.

Distribuir contido