Carmen López Diniz, Líder da Copa Galega de carreiras de montaña en categoría Junior!!!
Tras dúas probas disputadas e con 5 pendentes de realizarse, Carmen López Diniz sitúase ó fronte da categoría junior feminina na disciplina de carreiras de montaña do Campionato Autonómico,logo de vencer na Toxiza en Mondoñedo e de conseguir un novo triunfo a semana pasada na carreira Camovi(montes de Viveiro).