Novas

Novas do Concello

A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE ORGANIZA DOUS PROGRAMAS DE ACTIVIDADES PARA ESTA VINDEIRA SEMANA SANTA

A Concellería de Xuventude de Lourenzá organiza dous programas de actividades para esta vindeira Semana Santa. Vanse desenvolver concretamente os días 10, 11, 12 e 17 deste mes.

Unha das iniciativas está destinada a nenos e nenas de entre 2 e 12 anos e inclúe actividades como manualidades ou cociña. E a outra é un curso de cociña para rapaces de máis de 12 anos. Todos os interesados en participar poderán apuntarse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o vindeiro venres día 7 de abril.

Varios atletismo

1)As balas femininas do Maderas Barcia Lourenzá conquistan a milla nocturna de Mugardos. Triunfos de Emma García en benxamín, Carmen García en alevín e Ana Vallines en cadete. Ademáis, doblete para Ana Vallines en A Coruña na Carreira da Torre de Hércules.

Resultados:

A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN ORGANIZA UN CURSO GRATUÍTO PREPARATORIO PARA AS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 E 3

O Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Educación, organiza un curso gratuíto no que se impartirán as clases preparatorias para as probas de avaliación en competencias clave para poder acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificacións.

Os interesados deben apuntarse nas oficinas da Casa do Concello de luns a venres en horario de 9 a 15 horas ou polas tardes na biblioteca de 17 a 18 horas. O prazo para inscribirse remata a finais da próxima semana.

O CONCELLO ANUNCIA A CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017

O Concello de Lourenzá anuncia a convocatoria de prazas para o programa de Benestar en balnearios 2017.

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

-Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

-Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cto. Galego de Menores Pista Cuberta. Riazor. Sábado 18 de marzo. Atletas admitidos

18 Balas do Maderas Barcia Lourenzá representarannos no Cto. Galego de Menores de Pista cuberta en Riazor o vindeiro sábado!!!

18 atletas lograron entrar con marca acreditada no vindeiro cto. galego de menores(benxamín, alevín e infantil) que terá lugar o vindeiro sábado 18 de marzo en Riazor(A Coruña)

En canto á parte masculina: nos 1000 lisos infantil estará Nicolás Álvarez, Carlos Docampo nos 1000 benxamín e Ian Méndez nos 1000 alevín.

Distribuir contido