Novas

Novas do Concello

LOURENZÁ ACOLLERÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A PROBLEMÁTICA QUE AFECTA ÁS PLANTACIÓNS DE PATACAS NESTE CONCELLO, COMO NOUTROS MOITOS. PERO A ALCALDESA ACLARA QUE OS VECIÑ@S QUE PREGUNTARON POR ESTE ASUNTO XA RECIBIRON EXPLICACIÓNS

Lourenzá acollerá unha reunión informativa sobre a problemática que afecta ás plantacións de patacas neste concello, como noutros moitos da zona. Así o manifestou a alcaldesa, Rocío López, que tamén aclarou que os veciños e veciñas que preguntaron por este asunto xa recibiron explicacións.

Toca billete para o Cros: Cto. Galego Cadete e Xuvenil!!! Go!!!

O vindeiro domingo en A Baña (A Coruña) volveremos a estar representados polos incansables atletas do Maderas Barcia Lourenzá.

Na categoría cadete participaremos co equipo ó completo: Ainara Rodríguez, Claudia Graña, Ainhoa López, Ana Vallines e Alba Alonso.

Ademáis na categoría xuvenil masculino participarán Pablo Irimia e Cristian Piñeiro.

Lourenzá, elexida sede para organizar o Campionato Provincial de Campo a Través!! Noraboa a tod@s!!! 19 de Febreiro!!!

As instalacións de Sta. Cruz serán sede por primeira vez dun Campionato Provincial.

Organizará a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, o Concello de Lourenzá, Protección Civil, as Escolas Deportivas Lourenzá, a Agrupación Deportiva A Mariña, Coca Cola, Morangrupo e Panadería Neli.

O PAZO DE TOVAR ACOLLERÁ OS DÍAS 27 E 28 DESTE MES AS PRIMEIRAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL DE LOURENZÁ ORGANIZADAS POLO CONCELLO.

Lourenzá, 21 de xaneiro de 2017. O Pazo de Tovar acollerá os días 27 e 28 deste mes, venres e sábado, as primeiras Xornadas de Historia Local de Lourenzá, que están organizadas polo Concello. Foron presentadas na propia fortaleza pola alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a técnico municipal de Cultura, María José López; o dono do Pazo de Tovar, José Ventoso; e o veciño de Lourenzá Miguel Gavín.

Distribuir contido