Novas

Novas do Concello

ISMAIL ITRIH, DE 5 ANOS, É O GAÑADOR DO PRIMEIRO CERTAME DE POSTAIS DE NADAL DE LOURENZÁ ENTRE UN TOTAL DE CASE 80 TRABALLOS PRESENTADOS

Ismail Itrih, alumno de 5 anos de idade do CEIP Juan Rey de Lourenzá, foi elixido o pasado venres, 12 de decembro, gañador do I Certame de Postais de Nadal. Un xurado formado por directivos da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá así como por persoal da área de Cultura do Concello e polo director do colexio Juan Rey foi o encargado de valorar os traballos entregados nesta primeira edición do concurso.

O SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO ALBERGARÁ O VINDEIRO MARTES UNHA CHARLA SOBRE RECICLAXE E PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE

O Concello de Lourenzá organiza para o vindeiro martes, 16 de decembro, unha charla sobre reciclaxe e protección do medio ambiente baixo o título Separemos ben, reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. A actividade levarase a cabo ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello e contará coa presenza de técnicos de SOGAMA. Con esta iniciativa o Concello espera concienciar aos veciños sobre como reciclar correctamente cada produto de cara ao aumento de consumo que traen consigo as compras de Nadal.

O CONCELLO PON EN MARCHA A SÚA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES EN COLABORACIÓN COA CRUZ VERMELLA. A RECOLLIDA FARASE NO TORREÓN DOS FRADES ATA O VENRES 19 DE DECEMBRO E ESE DÍA HABERÁ UNHA CHOCOLATADA NO CEIP JUAN REY

Os Servizos Sociais do Concello de Lourenzá puxeron en marcha a recollida de xoguetes para este Nadal 2014, en colaboración coa Cruz Vermella. Os veciños poderán facer as súas doazóns no Torreón dos Frades ata o venres 19 de decembro, día no que rematará esta campaña cunha chocolatada no CEIP Juan Rey.

LOURENZÁ ACOLLERÁ OS DÍAS DE VIÑOS E TAPAS ESTE FIN DE SEMANA, VENRES 12 E SÁBADO 13, E O MERCADO DE NADAL CELEBRARASE NO MERCADO GANDEIRO OS DÍAS 20 E 21 CUNHA TRINTENA DE POSTOS

Lourenzá acollerá os Días de Viños e Tapas este fin de semana, concretamente o venres 12 e o sábado 13, e o Mercado de Nadal celebrarase no mercado gandeiro os días 20 e 21 cunha trintena de postos. Estes dous eventos están organizados pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) e contan coa colaboración do Concello de Lourenzá.

O VINDEIRO SÁBADO 13 DE DECEMBRO LOURENZÁ VOLVERÁ A ORGANIZAR A 1ª PREPARATORIA DE CAMPO A TRAVÉS COMARCAL

Organiza a proba a Secretaría Xeral para o Deporte e colabora na mesma o Concello de Lourenzá, Protección Civil de Lourenzá e as Escolas Deportivas.

A proba comenzará ás 11,00 horas coa carreira benxamín feminino e está previsto rematar coa entrega de premios e medallas ó redor das 13,00 horas

Categorías: BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL E CADETE.

As entidades que participarán nesta 1ª preparatoria co número de atletas serán:

E.D. Barreiros: 10.

C.Atletismo Ribadeo: 7

Acd Xove: 15

ED. Alfoz: 1

S. Roque Viveiro: 50

Ceip Sta. Rita Galdo: 30

A CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ DO 1 AO 5 DE DECEMBRO UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA OS SECTORES AGRÍCOLA, GANDEIRO E FORESTAL

A Casa do Concello de Lourenzá acollerá do 1 ao 5 de decembro, de luns a venres da vindeira semana, un curso de primeiros auxilios para traballadores ou desempregados dos sectores agrícola, gandeiro e forestal.

Este curso de primeiros auxilios e actuacións ante os accidentes laborais está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, a través do Programa de Desarrollo Rural Sostenible.

O MURAL PARA DEIXAR AS PEGADAS MALVAS EN REPULSA Á VIOLENCIA DE XÉNERO FOI TRASLADADO AO COLEXIO JUAN REY DEBIDO Á CHUVIA

Lourenzá, 25 de novembro de 2014. O mural para deixar as pegadas malvas en repulsa á violencia de xénero, que o Concello de Lourenzá ía instalar na praza do Conde Santo, foi trasladado ás dependencias do colexio Juan Rey debido á chuvia. Un fragmento dese mural será instalado ás dependencias dos Servizos Sociais municipais, que están no Torreón dos Frades.

Distribuir contido