Novas

Novas do Concello

OS SERVIZOS SOCIAIS DE LOURENZÁ TRAMITAN DENDE ESTA SEMANA AS PRESTACIÓNS ECONÓMICAS DA XUNTA DE GALICIA PARA O PAGAMENTO ÚNICO A FAMILIAS CON FILLOS MENORES DE 3 ANOS

O Concello de Lourenzá tramita dende esta semana as solicitudes de axudas da Consellería de Traballo e Benestar para poder acceder ás prestacións económicas de pagamento único para pais con fillas e fillos menores de 3 anos. O prazo de solicitude estará aberta ata o 14 de marzo. Os interesados poden recibir máis información ou facer os seus trámites nas oficinas dos Servizos Sociais Municipais de Lourenzá, situados no Torreón dos Frades.

O CONCELLO LAURENTINO TRABALLA XA NA MELLORA DE CANALIZACIÓNS NAS PARROQUIAS E CONFÍA EN PODER COMEZAR AS OBRAS REPARACIÓN DE ESTRADAS E ACCESOS MUNICIPAIS NOS VINDEIROS MESES, GRAZAS A DÚAS SUBVENCIÓNS PROCEDENTES DA XUNTA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL

O Concello de Lourenzá está a traballar estes días para mellorar o estado de canalización das cunetas nas súas parroquias, previndo así novas inundacións coma as que tiveron lugar o pasado mes de decembro no municipio. Estas obras contan cunha inversión municipal de 7.000 euros e súmanse ás que o Concello pretende levar a cabo nos vindeiros meses para mellorar o estado das súas estradas e accesos a camiños municipais.

CARMEN LÓPEZ DINIZ, 21ª CLASIFICADA NO CTO. GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS XUVENIL

Fenomenal actuación da atleta de primeiro ano xuvenil Carmen López Diniz no Cto. Galego de Campo a Través Xuvenil disputado o pasado domingo en Friol. Con un tempo de 19 minutos, entrou na posición 21ª sendo atleta de primeiro ano.

Ademáis, o día anterior (sábado) Carmen L. Diniz e Arabela Martínez subían ó podium na popular de Rábade ó rematar en 2ª e 3ª posición respectivamente na categoría xuvenil.

O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ACOLLERÁ O VINDEIRO MARTES UNHA CONFERENCIA PARA DAR A COÑECER O TRABALLO DAS FORZAS ARMADAS

A Concellería de Educación de Lourenzá ven de organizar unha conferencia para o vindeiro martes, 27 de xaneiro , en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo. A charla será impartida por persoal das Forzas Armadas Españolas e cumprirá un dobre obxectivo: informar aos veciños de Lourenzá sobre cales son as labores que as Forzas Armadas están a levar a cabo por todo o mundo e fomentar o acceso dos mozos laurentinos a este corpo, promovendo unha saída laboral para a xuventude do Concello.

CRONICA DE III TRAIL AFUEGA´L PITU (SUBIDA AL MONSACRO)

Onte domingo a expedición do clube de Atletismo Lourenzá formada por Martín Pardiñas, Rubén Méndez, Marcos Rguez., Marisa Ares e Loli Piñeiro desprazouse ata Foz de Morcín en Asturias, para participar no III Trail Afuega´l pitu (Subida al Monsacro). Esta dura proba contaba cunha distancia de 10km e 1.500m de desnivel.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA HOXE A LICITACIÓN DO SANEAMENTO NO NÚCLEO RURAL DE REQUEIXO

O Diario Oficial de Galicia de hoxe publica a RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario da licitación e anticipado de gasto, e polo procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da execución da obra pública hidráulica de clave OH.327.606, cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013: saneamento n

CRISTINA SARDINA NEIRA E ANTÍA LILLO IRIMIA FORON ELIXIDAS GAÑADORAS DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL 2014 ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA PÚBLICA DE LOURENZÁ

A Biblioteca Pública Municipal Juana de Ibarbourou de Lourenzá fixo público hoxe o listado de nenos e nenas que resultaron premiados na fase local do certame de Poesía de Nadal 2014. Todos eles recibirán os agasallos pertinentes nun acto de entrega que se celebrará na última semana deste mes, á espera de que se concrete nos próximos días a data, a hora e o lugar elixidos. Os seleccionados participarán ademais nas vindeiras semanas na fase provincial deste certame de poesía anual.

Distribuir contido