CURSO DE INICIACIÓN Á CESTERÍA
O Concello de Lourenzá, en colaboración co Centro de Artesanía e Deseño, organiza un curso de Iniciación á Cestería.
O Concello de Lourenzá, en colaboración co Centro de Artesanía e Deseño, organiza un curso de Iniciación á Cestería.
A asociación Conde Santo organiza o programa de festas do San Marcial 2014. Os festexos terán lugar o vindeiro fin de semana no municipio laurentino e, coma en anos anteriores, coincidirán coa celebración da Festa da Faba. Entre os actos programados para este San Marcial atópanse a celebración de dúas sesións vermú, o sábado 4 e o domingo 5 de outubro, e unha verbena na noite do sábado a cargo da orquestra Bluestar e do dúo Epo-K.
Ainara Rguez (campiona galega de 1000 metros lisos e subcampiona galega de campo a través) e Ana Vallines (campiona galega de 2000 metros e campiona galega de campo a través) pechan un curso deportivo 2013/2014 IMPRESIONANTE.
Dez establecementos hostaleiros de Lourenzá ofrecerán máis de 20 tapas diferentes de balde con motivo da Festa da Faba. O evento orixina cambios no tráfico e varias rúas estarán cortadas. Anunciouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.
No día de onte o Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo D. Antonio Veiga Outeiro e o noso Presidente das Escolas Deportivas D. Pablo Maseda Fdez. firmaron o convenio de colaboración por militar o noso equipo de Basket Feminino na Terceira Divisón do Baloncesto Nacional.