Novas

A OBRA OS PUTATIVOS CHEGA ESTE SÁBADO A LOURENZÁ DA MAN DO GRUPO DE TEATRO DE RIBADEO. A REPRESENTACIÓN COMEZARÁ ÁS 8 DA TARDE NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO

A Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá presenta unha nova actuación teatral no municipio para o vindeiro sábado 22 de novembro. Este día a partir das 8 da tarde o Grupo de Teatro de Ribadeo interpretará, no Salón de Actos da Casa do Concello, a súa obra Os Putativos. A actividade forma parte do proxecto Buxiganga, unha iniciativa cultural posta en marcha pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. O custe da entrada terá un prezo de 1 euro por asistente.

AUGAS DE GALICIA LIMPARÁ A CANLE DO RÍO BAOS PARA INTENTAR EVITAR DESBORDAMENTOS COMO O QUE HOUBO O PASADO 15 DE OUTUBRO. A ALCALDESA FALOU DESTE ASUNTO HOXE EN SANTIAGO CO DIRECTOR DA ADMINISTRACIÓN HIDRÁULICA AUTONÓMICA

O ente Augas de Galicia, que pertence á Consellería de Medio Ambiente, limpará a canle do río Baos, en Lourenzá, para intentar evitar desbordamentos como o que houbo o pasado 15 de outubro. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, reuniuse hoxe en Santiago co director da administración hidráulica autonómica, Gonzalo Mosquera, para abordar este asunto.

AINARA RGUEZ. GANA A CARREIRA CONTRA O CANCRO EN FERROL

O pasado domingo a atleta de Maderas Barcia Ainara Rguez. volvía a demostrar que está nun momento de forma envidiable. A pesar de pasar de categoría alevín a infantil e ser unha atleta de primeiro ano foi capaz de impoñerse na prestixiosa carreira de Ferrol o pasado domingo día 9 de novembro diante de preto de 100 atletas.

Nesta prestixiosa "II Edicion Contra el Cancer - Corre por Ferrol" Ainara Rguez impoñíase con un tempo en meta de 3,55 despois de percorrer 1100 metros.

O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ACOLLERÁ REPRESENTACIÓNS TEATRAIS OS SÁBADOS 15 E 22 DESTE MES

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá representacións teatrais os sábados 15 e 22 deste mes.

A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, anunciou hoxe que “outro mes de novembro máis, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, teremos un novo ciclo teatral con dúas obras, que van representarse os sábados 15 e 22 de novembros no salón de actos. Enmárcanse dentro do ciclo Buxiganga 2014, da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo”.