Novas

O CONCELLO DE LOURENZÁ ORGANIZA UN SEMINARIO SOBRE AGRICULTURA E GANDERÍA ECOLÓXICAS PARA O 14 DESTE MES

O venres 14 de novembro levarase a cabo no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá un seminario gratuíto sobre agricultura e gandería ecolóxicas. A actividade desenvolverase en horario de 10 a 14 horas pola mañá e de 16 a 18 horas pola tarde. Os interesados poden realizar xa as súas inscricións na Casa do Concello, a través do teléfono 678.64.55.49 ou no enderezo electrónico asociación.dpe@gmail.com.

ÉXITO DA V REI CINTOLO!!!

Amanecía o día gris hoxe en Mondoñedo amenazando choiva, e vaia si choveu . Pero eso non foi impedimento para mais de 150 valientes con ganas de aventura tomaran parte na xa famosa polos seus paisaxes V rota Rei Cintolo .

O CONCELLO TRAMITA DESCONTOS DE ATA O 50% PARA OS ESTUDANTES LAURENTINOS QUE SE DESPRACEN AOS SEUS CENTROS DE ENSINO EN AUTOBUSES DA EMPRESA ARRIVA

A Concellería de Educación do Concello de Lourenzá anunciou hoxe que xa está a tramitar os bonos desconto para todos aqueles estudantes que se despracen aos seus centros de ensino en autobuses pertencentes á empresa Arriva. Os descontos irán dende o 15 por cento de rebaixa para os bonos de 10 viaxes ata o 50 por cento nos bonos de 60 desprazamentos. Ademais, como novidade este ano, as axudas poderán aplicarse a todo tipo de estudantes e non só a universitarios, como viña sendo habitual.

O EQUIPO DE BASKET TEN NOVO PATROCINADOR

O novo patrocinador do equipo para esta temporada 2014/2015 do equipo de basket feminino de Segunda Autonómica será Muebles Huertas, que xa debutou dando sorte ó equipo este fin de semana pasado no Corgo.