O PLENO DO CONCELLO APROBOU POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN EN DEFENSA DA ATENCIÓN PEDIÁTRICA.
Lourenzá, 15 de xullo de 2023. Despois de manter unha xuntanza coas familias do municipio, o equipo de goberno laurentino presentou unha moción en defensa da atención pediátrica, que foi aprobada por unanimidade. Na citada reunión tamén se acordou a recollida de sinaturas para reivindicar a solución a este problema ante a Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia.