O RECINTO FEIRAL ACOLLERÁ A PRIMEIRA FESTA DEDICADA ÁS FABAS DE LOURENZÁ CON CALLOS O 17 DESTE MES, DÍA DE XOVES SANTO. ESTÁ ORGANIZADA POLA COMISIÓN DE FESTAS DE SANTA CRUZ E FOI PRESENTADA HOXE NA CASA DO CONCELLO
O recinto feiral de Vilanova acollerá a primeira festa gastronómica dedicada ás fabas de Lourenzá con callos o día 17 deste mes de abril, Xoves Santo, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola comisión de festas de Santa Cruz e foi presentado hoxe na Casa do Concello pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao; o concelleiro de Deportes e Xuventude, Pablo Maseda; e José Cuadrado, como representante do colectivo organizador.