Novas

Novas do Concello

4 TÍTULOS E 12 PÓDIUMS ACOMPAÑÁN ÁS BALAS DO MADERAS BARCIA NA CARREIRA DAS PRAIAS DE BARREIROS

Nova exhibición dos atletas do Maderas Barcia Lourenzá, neste caso nunha nova edición da espectacular Carreira das Praias de Barreiros.

Nas carreiras de pitufos e prebenxamíns(non competitiva) bos papeis de Carlota, Sheila, Sara, Marcos, Iago e Amina.

Nas categorías competitivas, por pódium:

Bx. Feminino. 1ª Iria Rguez. 3ª Aroa Glez.

Bx. Masculino. 3º Aarón Millares

O CONCELLO PROGRAMA ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL E NO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES O 22 DESTE MES

O Concello de Lourenzá programa diversas actividades para celebrar o Día do Libro na biblioteca municipal e no centro de día para maiores na xornada do 22 deste mes, venres.

Ás 12 do mediodía na biblioteca municipal haberá o espectáculo infantil Bibliocanta, a cargo de Chío Couto Rendo. Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.

E ás catro e media da tarde no centro de día terán lugar lecturas musicadas da obra do escritor Manuel María.

INVITACIÓN PRESENTACIÓN OFICIAL ÁLBUM DE CROMOS DAS ESCOLAS LOURENZÁ

Mañá venres, ás 20 horas; presentarase no Pavillón Municipal de Lourenzá a colección de cromos onde saen preto de 260 deportistas das Escolas. O acto estará presidido pola Alcaldesa de Lourenzá Rocío López así como polo Presidente das Escolas Pablo Maseda. Ademáis de estar ambas personalidades, estarán presentes os presidentes das entidades vinculadas Atletismo Lourenzá, Mondoñedo Fc, Salto do Coro, Ensino Lugo e 7 voltas ciclismo así como os patrocinadores da entidade.

Distribuir contido