Novas

Novas do Concello

A ENTRADA DA CASA DO CONCELLO ACOLLEU UNHA CONCENTRACIÓN DE CONDENA DOS ATENTADOS DE BRUXELAS

Autoridades municipais, persoal do Concello e outros veciños de Lourenzá participaron nunha concentración para condenar os atentados terroristas de Bruxelas celebrada na entrada da casa consistorial.

Durante o acto os asistentes gardaron un minuto de silencio como mostra de solidariedade do pobo laurentino co belga. Ademais dende a mañá de onte as bandeiras da Casa do Concello ondean a media asta en memoria das vítimas dos atentados.

Henar Méndez e Ana Vallines ganan a XXVI CARREIRA DE SAN XOSÉ en As Pontes mentres Ian acada o bronce

Os atletas das escolas do Maderas Barcia seguen colleitando grandes resultados aló onde se desprazan. Onte domingo en As Pontes Henar Méndez e Ana Vallines adxudicábanse o título nas categorías benxamín e infantil, respectivamente.

Henar gañaba en benxamín con un tempo de 2 minutos un percorrido de 600 metros, mentres Ana percorría como campiona na infantil 1,200 en 4 minutos e 32 segundos.

Nova proeza dos Atletas das Escolas Lourenzá no Galego de Menores e no Galego Cadete

SÁBADO, GALEGO DE MENORES:

Aleix Díaz - Infantil:

CAMPIÓN GALEGO EN 500 M.LISOS: 1,18,36

4º CLASIFICADO FINAL DE 50 LISOS: 7,10

 

Fernando Vallines Fdez.- Alevín:

MEDALLA DE BRONCE EN PESO: 8,84.

 

Iria Rguez. Ares - Benxamín:

CAMPIONA GALEGA EN 1000: 3,53,88

3ª Semifinal de 50 lisos: 8,77

 

Ana Vallines Fdez. - Infantil.

MEDALLA DE BRONCE EN 2000 lisos: 7,21,60

7ª en altura: 1,25

 

Ainara Rguez. Ares. -Infantil

CAMPIONA GALEGA, RÉCORD GALEGO EN 500 LISOS: 1,22,71

UNHA UNIDADE MÓBIL DO PLAN DE IMPULSO DA REHABILITACIÓN SOSTIBLE DE VIVENDAS REACCIONA 2020 ESTARÁ NA PRAZA DO CONDE SANTO O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 9

Unha unidade móbil do plan de impulso da rehabilitación sostible de vivendas na provincia de Lugo, denominado Reacciona 2020, estará na Praza do Conde Santo o vindeiro mércores, día 9, dende as 11 da mañá ata as 6 da tarde para informar sobre as vantaxes deste programa. Ademais ese mesmo día ás oito da tarde haberá unha charla sobre este asunto no salón de actos da Casa do Concello aberta ao público en xeral. Anunciouno hoxe a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López.

Distribuir contido