O PROGRAMA VERÁN NA PRAZA ENCHE DE ACTIVIDADE A PRAZA DO CONDE SANTO CUNHA GRAN PARTICIPACIÓN NAS PROPOSTAS DO MÉRCORES
O Concello de Lourenzá destaca que programa Verán na Praza viviu onte, mércores, unha xornada moi participativa na Praza do Conde Santo, “cunha excelente acollida por parte da veciñanza e das persoas visitantes. As dúas actividades programadas foron todo un éxito de participación, confirmando unha vez máis o interese que esperta esta programación estival”.