Novas

Novas do Concello

A ZUMBA AO AIRE LIBRE PROTAGONIZARÁ ESTE MÉRCORES, 19 DE AGOSTO, O VERÁN NA PRAZA EN LOURENZÁ

O programa Verán na Praza, impulsado polo Concello de Lourenzá, continúa esta semana cunha nova proposta “pensada para gozar do verán, facer actividade física e compartir un bo momento en comunidade”. Este mércores, día 19 de agosto, ás 20:00 horas, a Praza do Conde Santo acollerá unha sesión de zumba ao aire libre, “unha actividade dinámica e divertida aberta a todos os públicos”, anuncia a alcaldesa, Rocío López García.

A HISTORIA DE LOURENZÁ PROTAGONIZARÁ UNHA NOVA ACTIVIDADE DO PROGRAMA VERÁN NA PRAZA, COA PRESENTACIÓN DUN LIBRO DE MANUEL CANOSA TRILLO ESTE SÁBADO, 15 DE AGOSTO

O programa Verán na Praza continúa coa súa programación cultural cunha nova proposta vinculada á historia e ao patrimonio local. Nesta ocasión, a Asociación Patrimonio Laurentino organiza a presentación do libro titulado Lope Sánchez de Moscoso, un vizconde no tempo de Enrique IV de Castela. Estudo histórico, análise e colección de documentos, do investigador e autor Manuel Canosa Trillo.

A PRAZA DO CONDE SANTO ACOLLEU UNHA EXITOSA XORNADA DE SEGURIDADE VIARIA DENTRO DO PROGRAMA VERÁN NA PRAZA

A praza do Conde Santo acolleu onte, mércores, unha nova actividade enmarcada no programa Verán na Praza, unha iniciativa impulsada por primeira vez polo Concello de Lourenzá en colaboración co tecido asociativo do municipio. Nesta ocasión a actividade estivo dedicada á seguridade viaria e reuniu a numerosos nenos e nenas, acompañados das súas familias, nunha xornada que “resultou todo un éxito de participación.

O CANTÓN DE LOURENZÁ ACOLLERÁ O EVENTO “VILOU BEER” O VENRES 31 DE XULLO

O Concello de Lourenzá anuncia que o día 31 de xullo, venres, desde as 19:30 horas no Cantón, de Vilanova de Lourenzá, celebrarase o evento Vilou Beer, organizado pola asociación Conde Santo.

A música estará a cargo da Charanga A Bicoia e de DJ Dani Rego, presentarase o cartel das Festas do Conde Santo 2026 e degustarase churrasco, panceta, bolos preñados e cervexas internacionais. Ademais haberá xogos cervexeiros e colchonetas.

A asociación Conde Santo anima a todos “a asistir e participar nesta cita xa consolidada no calendario do verán laurentino”.

O PROGRAMA VERÁN NA PRAZA ENCHE DE ACTIVIDADE A PRAZA DO CONDE SANTO CUNHA GRAN PARTICIPACIÓN NAS PROPOSTAS DO MÉRCORES

O Concello de Lourenzá destaca que programa Verán na Praza viviu onte, mércores, unha  xornada moi participativa na Praza do Conde Santo, “cunha excelente acollida por parte da veciñanza e das persoas visitantes. As dúas actividades programadas foron todo un éxito de participación, confirmando unha vez máis o interese que esperta esta programación estival”.

Distribuir contido