Novas

A XANELA DO MAXÍN REPRESENTARÁ O ESPECTÁCULO “DENDE ROSALÍA ATA AS CANTAREIRAS” EN LOURENZÁ O 14 DE MAIO.

Lourenzá, 9 de maio de 2025. Co gallo da celebración das Letras Galegas, a Biblioteca Municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia, o espectáculo titulado Dende Rosalía ata as Cantareiras (Letras Galegas 2025), a cargo da compañía de teatro A Xanela do Maxín. Será o día 14 de maio, mércores, ás 19 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá.