AS FESTAS DO CONDE SANTO INCLÚEN DIVERSAS ACTIVIDADES DESDE O XOVES 28 DE AGOSTO ATA O LUNS 1 DE SETEMBRO.
Lourenzá, 26 de agosto de 2025. Vilanova de Lourenzá celebra as festas do Conde Santo con diversas actividades desde este xoves, día 28 de agosto, ata o luns 1 de setembro.
Os actos comezarán o xoves 28 ás 19:00 horas coa representación teatral titulada Punto en boca: entre fíos anda o lío, por Raquel Crespo no Multiusos Ponte de Cuñas, onde ás 20:30 horas terá lugar o pregón a cargo de Isidro Rodríguez Loredo, coñecido como O Core.