Noticias

A Axencia de Extensión Agraria organiza unha reunión para informar a gandeiros e produtores de faba da comarca sobre á recuperación dos envases de productos fitosanitarios

Lourenzá, 13 de novembro de 2012. O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá este venres, día 16 de novembro, ás cinco da tarde unha reunión con gandeiros e produtores de faba de toda a comarca para informarlles sobre os requisitos que esixe a PAC para o cobro das subvencións anuais no referido á recuperación dos envases baleiros de produtos fitosanitarios . O acto está organizado pola Axencia de Extensión Agraria.

Presentación oficial da sección de Ciclismo das Escolas Deportivas Laurentinas

Onte domingo tivo lugar en Lourenzá a presentación oficial da sección de ciclismo das Escolas Deportivas laurentinas. Ao acto acudiron a alcaldesa, Emma Álvarez, e o presidente das Escolas Deportivas e concelleiro de Deportes, Pablo Maseda, así como directivos do clube e patrocinadores. Despois dunha breve ruta pola zona a sección de ciclismo rematou a xornada cun xantar no restaurante Baos.