A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ ORGANIZA ESTE DOMINGO UNHA RUTA DENDE A PONTE DA ESPIÑEIRA ATA A AREA RECREATIVA DE A CAZOLGA

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organiza este domingo día 04 de Agosto de 2013 unha Ruta que nos levará dende a Ponte da Espiñeira ata a Area Recreativa de A Cazolga, unha ruta duns 12 km aproximadamente e de dificultade baixa. Sairase da Área Recreativa de A Cazolga ás 10:00 horas, dende alí baixaremos en autobús ata a Ponte da Espiñeira para ao redor das 10:30 horas emprender un camiño que rematará na Área Recreativa de A Cazolga, onde poderemos gozar dunha gran churrascada, con música, queimada e unhas cantas horas de lecer, desfrutando da natureza, do verán, do verde da zona e sobre todo da compañía dunha gran familia como forma a recén creada Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá que está contando cun gran número de participantes nas actividades que organizou ata o momento, quedando como actividade estrela e de máis afluencia ata o momento a deste domingo, cunhas 80 persoas inscritas.

A actividade ten un coste de 10 € para os socios e de 15 € para os non socios.

Esperemos que todos poidamos desfrutar ao máximo deste gran día.