El Ayuntamiento y la Consellería de Medio Rural firmaron dos convenios para la prevención y extinción de incendios forestales en el municipio. Permitirán la contratación de 8 personas durante este verano

Lourenzá, 21 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá e a Consellería de Medio Rural asinaron dous convenios de colaboración para a prevención e extinción de incendios forestais no municipio, para o que serán contratadas 8 persoas durante este verán.

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que a través dun deses convenios o Concello percibe 16.748 euros para a contratación de tres persoas durante tres meses e medio. “Estes operarios atenderán a motobomba municipal e que estará a disposición do distrito forestal 6º, que abarca os concellos da Mariña luguesa, durante 16 horas de servizo ao día. En casos excepcionais este camión de incendios municipal, a través deste convenio, tamén poderá actuar noutros ámbitos territoriais”, explicou a rexedora.

O segundo convenio servirá para contratar unha brigada de 5 persoas “para facer unha roza de cinco hectáreas de fincas municipais ou ben camiños reais, sempre que estean nas franxas de protección que lle corresponde manter limpas ao Concello. Empezarán o 15 de xullo e terá unha duración de tres meses. A brigada estará formada por un capataz,un peón condutor e outros tres peóns”, manifestou Emma Álvarez.

A alcaldesa deu a coñecer tamén que “as bases para poder optar a estes 8 postos de traballo serán aprobadas en comisión o vindeiro martes, día 25”. E destacou que desta maneira “conseguimos dous obxectivos: por un lado a prevención e extinción de incendios forestais, algo que na nosa zona afortunadamente non é moi complicado; e por outro lado, aínda que son de carácter eventual, vamos crear 8 postos de traballo no Concello para persoas desempregadas”.