La Alcaldesa analizó con la Directora Xeral de Patrimonio Cultural los problemas que ocasiona el Camino Norte en la parroquia de San Xorxe y la necesidad de arreglar la fachada de la iglesia del Monasterio de San Salvador

Lourenzá, 5 de marzo de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, reuniuse en Santiago coa directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, María del Carmen Martínez Insua, e analizaron os problemas que ocasiona a variante do Camiño Norte aos propietarios de montes no lugar de San Lourenzo, pertencente á parroquia de San Xorxe. Tamén falaron do compromiso da Xunta para arranxar a fachada da igrexa do mosteiro de San Salvador.

Emma Álvarez manifestoulle á directora xeral “a preocupación pola variante do Camiño Norte ao seu paso pola parroquia de San Xorxe, no lugar de San Lourenzo. É unha variante marcada dende fai varios anos, pero ao noso xuízo (da corporación municipal e incluso dos veciños) está nunha vía sen unha referencia histórica que así o avale e causa un grave prexuízo aos propietarios dos montes que lindan con esa vía, xa que non poden sacar a súa madeira. Díxome que estivera tranquila, que están traballando na delimitación do Camiño, que vai bastante avanzada e que posiblemente nos vindeiros meses xa empezarán a ter os primeiros contactos con tódolos concellos á fin de tratar sobre as variantes do Camiño, por onde deberían pasar exactamente para poder delimitalo co consenso máis amplo posible tanto dos concellos como da sociedade”.

A rexedora municipal tamén falou coa responsable do departamento autonómico de Patrimonio Cultural “da situación actual do mosteiro de San Salvador e do compromiso que ten a Xunta de Galicia, a través do seu presidente, co Concello de Lourenzá para arranxar a fachada da igrexa, compromiso do que ela estaba ao corrente e están esperando simplemente a que se abran os orzamentos do 2013, que foron aprobados o pasado martes no pleno do Parlamento”, explicou Emma Álvarez.

A alcaldesa lembrou que estes asuntos xa foran tratados polo Concello de Lourenzá co anterior director xeral de Patrimonio da Xunta.