REMATOU O OBRADOIRO DE CESTOS E ESCULTURAS ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS O REFUGIO

Rematou o obradoiro de cestos e esculturas organizado pola asociación de veciños O Refugio, de San Xurxo (Lourenzá). Foi impartido por Lola Tourón, financiouno a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Lourenzá colaborou coa cesión das instalacións onde se levou a cabo.