O CONCELLO CONMEMORA O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ESTE SÁBADO CUN CONCERTO POLA IGUALDADE E A LECTURA DE POEMAS
O Concello de Lourenzá conmemora este sábado, día 30 de novembro, o día contra violencia de xénero cun concerto pola igualdade titulado Las Sinsombrero, do cantautor Paco Damas, que estará acompañado de nove nenos e nenas de Lourenzá que lerán poemas das poetas da xeración do 27. Será no Multiusos Ponte de Cuñas ás 19:00 horas.