Novas

O CONCELLO E O CLUB VESPAFABA&CLÁSICOS ORGANIZAN UNHA AVENTURA ATA NORUEGA

O Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos Lourenzá organizan unha aventura sobre rodas que levará o nome do municipio laurentino ata terras de Noruega, concretamente a Nordkapp. “Dous aventureiros do club de clásicos de Lourenzá emprenderán unha apaixonante viaxe a bordo dun coche Dyane 6 e unha moto Vespa 200 dende a Terra da Faba. A saída dos protagonistas desta aventura está prevista para este sábado, 28 de maio, ás 12:00 horas no Cantón.

O CONCELLO MELLORARÁ O CAMIÑO DE SANTIAGO AO SEU PASO POLO MUNICIPIO CUNHA AXUDA DA XUNTA

O Concello de Lourenzá vén de conseguir unha axuda da Xunta de Galicia para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago. A contía da subvención ascende a 14.855 euros e para a realización destas obras o Concello fai unha achega de 4.952 euros xa que o presuposto total das actuacións ascende a 19.807 euros.

O RECINTO FEIRAL ACOLLE A CAMPAÑA COIDADOS PORTA A PORTA OS DÍAS 13, 16, 18 E 19 DE MAIO.

Lourenzá, 6 de maio de 2022. A campaña Coidados porta a porta, da Xunta de Galicia, estará no recinto feiral de Lourenzá os días 13, 16, 18 e 19 de maio de 9:00 a 20:00 horas. E o venres 13 ás 17:00 horas haberá unha charla informativa sobre esta iniciativa no salón de actos do Concello.

Esta campaña leva servizos asistenciais, como estimulación da memoria, podoloxía ou audioloxía, ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.