Escudo e Bandeira

O escudo do Concello de Lourenzá é de sinople (verde), cun báculo con veo abacial -todo ao natural-, resaltado de dúas espigas de ouro dispostas en haspa e flanqueado no xefe por dúas veneras de prata. Presenta unha coroa real pechada ao timbre.

A bandeira tamén é en pano verde, co báculo e veo abacial resaltados por dúas espigas amarelas dispostas en haspa e flanqueado no alto por dúas vieiras brancas. Ao batente, terzado de amarelo.