Casa da Xuventude

Casa de la juventud

Avda. Soutelo, nº 12
27760 Lourenzá (Lugo)

982 122 025

 

P.A.I "Meniños" - Punto de Atención á Infancia

      Servizo Municipal que funciona dende o 17 de Febreiro do 2003. Está situado na planta baixa da Casa de Xuventude e está atendido por dúas educadoras infantís.

Este centro acolle nenos con idades comprendidas entre os 4 meses e os 6 anos. Conta cun servizo de ludoteca; é decir, un espazo para xogar, aprender e divertirse. Así mesmo, conta tamén cun espacio aberto adicado ó xogo libre, xogos en grupo, piscina de bolas....., un recanto dedicado a zona de descanso, outro recanto destinado a xogos de mesa, lectura, pintura...., un niño para bebes e, por último un lugar para a preparación de alimentos.

O obxectivo principal deste servizo é facer compatible o traballo dos pais e das nais coa educacion e coidado dos fillos nos primeiros anos de vida, ofrecerlles un lugar preparado e adaptado específicamente para os seus fillos, no que se atopen nun ambiente harmonioso e de relación cos seus iguais.