Últimas Novas das Escolas Deportivas

Duatlon: "O Debut en Provincial Soñado". Henar e Ian Méndez, Campións Provinciais benxamín e alevín!!! Maderas Naciente, novo patrocinador da sección!!!

Debutou con éxito absoluto a sección de duatlon das Escolas nun Campionato Provincial con dous títulos.

Na categoría benxamín, Henar Méndez impoñíase na proba coa súa compañeira Emma García alcanzando a 4ª posición a moi poucos segundos do podium e despois de remontar logo dunha caída.

En alevín masculino, Ian Méndez gañaba con moita suficiencia a proba sendo o seu compañeiro David Martínez 10º clasificado.

2 Títulos autonómicos e un subcampionato. !!! Increíbles resultados do Maderas Barcia Lourenzá no Cto. Galego de Milla en Ruta. Santiago de Compostela

Outra xesta para enmarcar:

Cadete Feminino:

1- Ainara Rguez. 3,22

14- Ana Vallines. 3,38

22- Mariña Salvatierra. 3,44

24- Uxía Salvatierra. 3,45

29- Carme Alonso. 3,53

38- Marta Alonso. 4,06

 

Infantil Masculino:

2- Manuel Rguez. 3,16

16- Ian Méndez. 3,42

36- Fernando Vallines- 4,09

 

Alevín Feminino:

1ª- Iria Rguez. 3,43

16- Henar Méndez. 4,09

 

Benxamin Feminino

9ª- Angela Rguez. 4,21

 

Todos os resultados:

Comenzan as preparatorias do Provincial a sección de patinaxe das escolas

O próximo sábado 7 de Abril, o grupo de maiores da sección de Patinaxe das Escolas, participará nunha gala organizada en Chantada, que lles servirá de preparación para o Provincial. Este ano, de novo baixo a dirección de Tania Irimia; participaremos na categoría de primaria e debutaremos na de secundaria

A segunda preparatoria terá lugar no Pavillón de Lourenzá o sábado 21 de Abril, e o provincial será o 19 de Maio en Escairón

O Maderas Barcia Lourenzá, de embaixador na emblemática VIII Carreira da Torre de Hércules en A Coruña. Ana Vallines, Bronce en cadete feminino!!!

Desprazábanse o pasado domingo varios atletas das Escolas para participar en A Coruña na carreira ó pé da Torre de Hércules.

Henar Méndez, 5ª en alevín feminino, con un tempo de 2,50 sobre un percorrido de 800 mts. Ademáis a súa compañeira Lourdes García entraba en 8ª posición parando o crono en 3:11.

Ian Méndez obtiña a 5ª praza en infantil masculino. 5,55 en 1600 metros.