Evolución do termo municipal

      A primeira documentación histórica do Concello data da creación do Mosteiro de San Salvador, no ano 947.

      Ata o século XII, o mosteiro é de carácter familiar e pasou a ser, posteriormente, beneditino. No 1642, o prestixio da abadía chegou ao seu momento de máximo explendor e foille outorgado o título de Marqués de Lorenzana a Don Alvaro Quiñones. A supresión definitiva do mosteiro porduciuse no ano 1835.

No antigo réxime, o espazo territorial de Lourenzá estaba composto por dúas xurisdicions:

  • A do Val de Lourenzá
  • A de Vilanova de Lourenzá

as dúas pertencentes á provincia de Mondoñedo (naquel momento, Galicia tiña 7 provincias).

      Na lista alfabética publicada dos Concellos da Provincia de Lugo do ano 1835 figuran dous concellos: O Val, coas parroquias de San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao, e o de Vilanova, con Santa María, Masma, Oirán e Couboeira.

 
      A revolución de 1840 supón unha verdadeira desfeita na división municipal, ao suprimirse 30 concellos e desaparecer, deste xeito, o do Val. O novo de Lourenzá absorve a aquel quedando dentro do partido xudicial de Mondoñedo, coas parroquias de Santa María de Valdeflores, San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao.

      No ano 1844, a Deputación Provincial de Lugo non accede ao solicitado polas parroquias do Val, que querían ser segregadas e formar Concello propio, por considerar que o Val non tiña posibilidades de partición. Esta foi a distribución territorial que quedou ata os nosos días.

      Nos primeiros anos do século XX, o Concello sufre os azoutes da emigración e destaca sobretodo a emigración a territorio cubano, onde se crea a sociedade Hijos de Lorenzana que, en anos posteriores, lle fará doazóns ao Concello para a construción de escolas e a compra do reloxo da Torre.