Últimas Novas das Escolas Deportivas

Aberto Prazo Inscripción Escolas Deportivas Lourenzá Temporada 2017/2018

Está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá ata o venres 29 de setembro, que esta temporada comenza a XXII Edición das mesmas.

A cuota é de 6 euros ó mes e podes elixir todos os deportes que desexes.

Fútbol, Fútbol Sala, Baloncesto, Atletismo, Campo a Través, Duatlon, Patinaxe!!! O abono farase mediante cargo bancario na conta que especifiquedes na ficha de inscripción no mes de outubro e as edades van dende a categoria pitufos ata xuvenil.

As Balas do Maderas Barcia disfrutaron de Barres e da súa popular con trofeazos. Títulos para Pedro Moirón, Ana Vallines e Aarón Rivas. Subcampionatos de Carlota T. Menéndez, Henar Méndez, Valeria Álvarez, Carme Alonso. Bronce de Marta Alonso

Prebenxamín masculino: 1º - Pedro Moirón.

Prebenxamín feminino: 2ª - Carlota T. Menéndez.

Alevín feminino: 2ª - Valeria Álvarez.

Infantil Feminino: 1ª - Ana Vallines. 2ª - Carme Alonso. 3ª - Marta Alonso.

Junior Masculino: 1º - Aarón Rivas.

Representáronnos ademáis David e Fernando Díaz, Lucas Cabarcos, Andrea García, Xabi Sordo, Ian Méndez, Fer Vallines e Nicolás Álvarez.

Éxito do XX Edición do Día da Bici. Nenos e Maiores disfrutaron da XX Edición do Día da bici. Sandra Docarmo e Cristian Piñeiro revalidaron título absoluto nunha carreira da tortuga espectacular

Como unha actividade máis dentro da programación das festas organizado polo Concello, Comisión de Festas do Conde Santo e as Escolas Deportivas Lourenzá. Éxito da XX Edición con 150 participantes na que colaboraron na mesma Motos Santalla, La Voz De Galicia, Eroski City, Pastelería Cabaleiros e Protección Civil de Lourenzá.

A I Marcha Cicloturista Concello de Lourenzá, en Marcha!!!

O vindeiro día 10 de Setembro, as 9:30 h dará saída a 1º Ciclodeportiva de Lourenzá. Unha marcha ciclista de 79 km que recorrera as montañas que rodean o Val de Lourenzá. A subida a Lindín, A Cadeira, O Picato e o tramo final cronometrado dende Tovar novamente a Cadeira farán as delicias dos amantes deste deporte que día a día ve medrar os seus adictos na comarca Mariña.