Últimas Novas das Escolas Deportivas

Éxito do XX Edición do Día da Bici. Nenos e Maiores disfrutaron da XX Edición do Día da bici. Sandra Docarmo e Cristian Piñeiro revalidaron título absoluto nunha carreira da tortuga espectacular

Como unha actividade máis dentro da programación das festas organizado polo Concello, Comisión de Festas do Conde Santo e as Escolas Deportivas Lourenzá. Éxito da XX Edición con 150 participantes na que colaboraron na mesma Motos Santalla, La Voz De Galicia, Eroski City, Pastelería Cabaleiros e Protección Civil de Lourenzá.

A I Marcha Cicloturista Concello de Lourenzá, en Marcha!!!

O vindeiro día 10 de Setembro, as 9:30 h dará saída a 1º Ciclodeportiva de Lourenzá. Unha marcha ciclista de 79 km que recorrera as montañas que rodean o Val de Lourenzá. A subida a Lindín, A Cadeira, O Picato e o tramo final cronometrado dende Tovar novamente a Cadeira farán as delicias dos amantes deste deporte que día a día ve medrar os seus adictos na comarca Mariña.

Resultados fin de semana Maderas Barcia Lourenzá!!!

Nicolás Álvarez gana a Figueras Solidaria no nome de Paco Fdez,"Paco da Canela". Pódium ademáis para Henar Méndez e victoria de Pedro Moirón en prebenxamín

Victoria emotiva na prestixiosa Figueras Solidario de Nicolás Álvarez na categoría infantil masculino. Tiña que ser na terra do que fora o seu adestrador de fútbol Paco Fdez (deixabamos o 3 de xaneiro deste ano).