Novas

UNHA DELEGACIÓN MUNICIPAL PROMOCIONOU OS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DE LOURENZÁ EN FITUR

Unha delegación do Concello de Lourenzá promocionou os atractivos turísticos do municipio na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebra en Madrid.

A alcaldesa, Rocío López; os concelleiros Javier Huertas e Mercedes Dengra; e a técnico de turismo do Concello de Lourenzá, Justa Martínez, asistiron hoxe, venres, á presentación do Plan de Sustentabilidade Turística da Mancomunidade de Concellos da Mariña, no que o Camiño do Norte ao seu paso por Lourenzá e a Faba teñen unha presenza importante.

A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL ACOLLE MAÑÁ, MÉRCORES, A PRESENTACIÓN DUN DOCUMENTAL E DUNHA MOSTRA SOBRE ARQUEOLOXÍA SUBACÚATICA

Lourenzá, 28 de decembro de 2021. Na Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá terá lugar mañá, mércores, ás 19:00 horas a presentación dun documental e dunha mostra titulados Proxecto Argos. Memoria e patrimonio baixo a Ría.

Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá, a Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha, de Ribadeo, e o grupo de investigación Áncora.