LAURA RIVAS IGLESIAS, DE 9 ANOS, É A GAÑADORA DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO
O Concello de Lourenzá escolleu a postal coa que vai felicitar as festas navideñas. A autora é Laura Rivas Iglesias, de 9 anos, que recibirá como premio 100 euros e un trofeo.
O xurado tamén decidiu conceder un accésit á postal presentada por Aldara Rexes Cupeiro, de 4 anos, que recibirá un lote de material didáctico.
Os premios serán entregados mañá, xoves, durante a recepción de Papa Noel, que terá lugar nos baixos do Concello de 17 a 19 horas.