A ALCALDESA AFIRMA QUE A 23ª EDICIÓN DA FESTA DA FABA CUMPRIU O OBXECTIVO DE PROMOVER ESTE PRODUTO E O CONCELLO. NAS DEGUSTACIÓNS VENDÉRONSE 1.160 RACIÓNS E NOS MERCADOS COMERCIALIZÁRONSE MÁIS DE 6.000 QUILOS DE FABAS
Lourenzá, 7 de outubro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo esta mañá balance da 23ª edición da Festa da Faba e afirmou que se cumpriu o obxectivo de promover este produto e o concello. Destacou que nas degustacións vendéronse 1.160 racións e nos mercados comercializáronse máis de 6.000 quilos de fabas.