Novas

Os alumnos das escolas deportivas pagarán unha taxa de 54 euros por tempada. Foi aprobado no pleno da corporación municipal celebrado hoxe, no que tamén se acordou cobrar entrada polas visitas ao Centro de Interpretación da Faba

Lourenzá, 20 de maio de 2013. A corporación de Lourenzá aprobou hoxe en pleno a actualización do prezo das escolas deportivas municipais, que será de 54 euros por tempada. Tamén se acordou cobrar entrada polas visitas ao Centro de Interpretación da Faba.

Fallaron e entregaron os premios do primeiro certame de narración e debuxo organizado polo Concello e acial co patrocinio de Pastelería Cabaleiros, cuxo propietario foi o promotor e patrocinador desta iniciativa convocada a nivel comarcal

Lourenzá, 18 de maio de 2013. O primeiro certame de narración e debuxo denominado “Lourenzá, arte e historia no camiño” foi fallado e xa entregaron os premios aos gañadores. Este concurso fora convocado no pasado mes de abril polo Concello de Lourenzá e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos local (Acial) co patrocinio de Pastelería Cabaleiros, cuxo propietario foi o promotor desta iniciativa dirixida a estudantes de Primaria, ESO e Bacharelato de todos os centros da Mariña.