Novas

OS ALUMNOS DO TALLER DE MEMORIA PARTICIPARON NUNHA FESTA DE NADAL, NA QUE HOUBO REGALOS, CHOCOLATADA E PANXOLIÑAS

Lourenzá, 19 de decembro de 2012. 42 alumnos do taller de memoria do Concello de Lourenzá participaron na festa de Nadal celebrada onte, martes.

No festexo os asistentes repartiron regalos entre eles co sistema do amigo invisible, tomaron chocolatada con roscón, brindaron cunha copa de sidra e cantaron panxoliñas.

No acto participaron a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e a concelleira de Educación, Cultura e Turismo, Lupe Flórez Seivane.

As actividades de Nadal programadas polo Concello empezan con obradoiros para os nenos. O prazo para apuntarse está aberto ata o xoves día 20

Lourenzá, 15 de decembro de 2012. A Concellería de Educación, Cultura e Turismo de Lourenzá abriu onte, venres, o prazo para anotarse nos Obradoiros de Nadal que se van a desenvolver nas próximas vacacións escolares.”Este prazo de inscrición ten como obxectivo repartir por idades aos nenos/as participantes para adaptar as actividades ás diferentes idades que poidan confluír”, explicou a concelleira Lupe Flórez.