Noticias

NA IV EDICIÓN DA POPULAR DO CORGO DISPUTADA ESTE PASADO DOMINGO 20 OS RAPACES DAS ESCOLAS VOLVERON A SER PROTAGONISTAS

Na carreira onde se reunía a élite provincial, na categoría alevín feminina, impoñíase Ana Vallines (6:50) seguida moi de preto pola súa compañeira Ainara Rguez(6:53), demostrando ambas estar nun momento de forma asombroso. Ademáis, Iria Rguez. subía ó caixón como 2ª clasificada en prebenxamíns e Fernando Vallines alcanzaba o terceiro posto en benxamín masculino.

O CONCELLO DE LOURENZÁ OFRÉCESE A TRAMITAR AS ALEGACIÓNS DOS VECIÑOS Á DELIMITACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO AO SEU PASO POLO MUNICIPIO

O Concello de Lourenzá ofrécese a tramitar as alegacións dos veciños á delimitación do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, que está en período de exposición ao público. Este asunto abordouse na charla celebrada na tarde noite de onte na Casa do Concello, acto que suscitou moito interese e congregou a numeroso público. Así o destacou hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.