O salón de actos da Casa do Concello acollerá mañá, mércores, día 22 de febreiro, ás oito da tarde unha charla informativa organizada pola asociación Terras de Miranda para difundir o programa Leader 2014-2020 no territorio deste grupo de desenvolvemento rural (GDR), no que está o municipio de Lourenzá.