Últimas Novas das Escolas Deportivas

O PAVILLÓN VIÑAS DA VEIGA DE MONDOÑEDO ACOLLEU O SÁBADO DÍA 27 DE XUÑO A CLAUSURA DAS ESCOLAS DE LOURENZÁ MONDOÑEDO

O pavillón Viñas da Veiga de Mondoñedo acolleu o sábado día 27 de xuño a clausura das Escolas de Lourenzá Mondoñedo, cunha cea baile onde estiveron máis de 500 comensais. A festa prolongouse ata altas horas, nun gran ambiente deportivo-festivo.

PROTOCOLO CLAUSURA ESCOLAS LOURENZÁ MONDOÑEDO.

PALMARÉS PREMIADOS 2015.

Estiveron presentes na entrega de premios:

- Dª Elena Candia

O VINDEIRO SÁBADO AS ESCOLAS DE LOURENZÁ E MONDOÑEDO CLAUSURAN O ANO DEPORTIVO EN CURSO

O Vindeiro sábado as Escolas de Lourenzá e Mondoñedo clausuran o ano deportivo en curso. Será ás 22:00 horas no Pavillón Viñas da Veiga.

Enviamos foto de presentación do evento: na que figuran:

- Elena Candia, alcaldesa do Concello de Mondoñedo e nova Presidenta da Excma. Deputación Provincial.

- Rocío López, Alcaldesa do Concello de Lourenzá Lourenzá

 

- Manuel Tapia, Concelleiro de Deportes do Concello de Mondoñedo

- Francisco Rivas, Concelleiro de Deportes do Concello de Mondoñedo.

- Pablo Maseda, Presidente das E.d. Lourenzá.

CHOIVA DE TROFEOS NA POPULAR ASTURIANA DE VALDEPARES

O domingo 21 a sección de atletismo das escolas disfrutaba dunha nova popular, neste caso a tradicional carreira do Corpus da localidade asturiana de Valdepares; onde deron trofeos ós 3 primeiros de cada categoría.

Os Atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo:

Categoría Prebenxamín feminina:

Henar Méndez - 1ª Clasificada. 

Categoría Benxamín feminina:

Iria Rguez - 2ª Clasificada. 

Categoría Benxamín masculina:

2 TRIUNFOS E 5 PÓDIUMS COMPLETAN UNHA GRAN ACTUACIÓN NA X CARREIRA GUITIRIZ TERMAL

O pasado sábado día 20 de xuño  varios representantes das Escolas estiveron na X Guitiriz Termal. Co título de Iria Rguez. na categoría benxamín e Ainara Rguez na categoría infantil os atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo volvían a estar unha semana máis no máis alto do pódium. Ademáis, Ian Méndez recollía un novo metal(bronce) na categoría benxamín masculino.

En canto ás E.D. Lourenzá Atletismo (adultos) lograban tamén unhos excelentes resultados:

Marcos Rguez. obtiña o posto 9 da xeral, quinto da súa categoría, ó recorrer 7,200 km nun tempo de 28,09 minutos.