Últimas Novas das Escolas Deportivas

AS BALAS DAS ESCOLAS, PRESENTADAS OFICIALMENTE. MADERAS BARCIA RENOVA O PATROCINIO PARA A TEMPORADA 2015 2016.

Onte martes 11 de agosto presentouse a armada de atletismo no Municipal de Sta. Cruz. Estiveron presentes Francisco Rivas (Concelleiro de Deportes) e Pablo Maseda (Presidente das Escolas); así como os adestradores e colaboradores para esta nova temporada e que xa estiveron na fructífera temporada pasada: Rubén García, Martín Pardiñas e Ismael Vallines. Rubén e Martín encargaranse das disciplinas de carreiras e saltos mentres que Ismael centrarase no sector de lanzamentos.

AINHOA VEGA E LAURA FDEZ. ASUMEN O MANDO DO NOVO EQUIPO JUNIOR, PRESENTADO CO EQUIPO DE AUTONÓMICA

As E.D. Lourenzá tratarán esta vindeira temporada de dar de alta un novo equipo en competición oficial que non tíñamos a temporada pasada, neste caso o equipo júnior. Para eso estarán ó fronte desa labor Laura Fdez. e Ainhoa Vega (xogadoras do equipo de autonómica) que asumen este reto con moitísima ilusión.

O equipo estará formado por varias xogadoras que pasan da idade cadete así como tres incorporacións procedentes do Celtas Foz: Rosalía Rguez, Antía Río e María Pérez.

ED LOURENZÁ E MONDOÑEDO CF SEGUEN APOSTANDO POLO FÚTBOL: DAVID CABALEIRO "GARRA" NOVO ADESTRADOR DO EQUIPO INFANTIL E MICHAEL SANTE Ó FRONTE DO EQUIPO CADETE

Onte venres ás 19:00 horas presentaronse oficialmente os equipos de fútbol infantil e cadete no municipal de Sta. Cruz. No acto estiveron os presidentes das entidades que loitan conxuntamente formando os xogadores de Lourenzá e de Mondoñedo por quinto ano consecutivo; Pablo Maseda e Manuel Barreira. Ademáis estivo presente o Concelleiro de Deportes de Lourenzá Francisco Dasilva; así como numerosos pais e aficionados de ambos clubes.

MAÑÁ VENRES DÍA 7: PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS FEDERADOS INFANTIL E CADETE DE FÚTBOL ASÍ COMO OS CADETE, JUNIOR E SÉNIOR 2ª AUTONÓMICA DE BASKET!!!!

Mañá venres día 7 de Agosto faremos a presentación dos equipos federados das Escolas que inician antes a súa actividade deportiva.

Ás 19:00 horas en Sta. Cruz están citados os xogadores de fútbol infantil e cadete e sobre as 21:00 horas tocará o turno para os equipos federados de basket.

En ambas citas daranse a coñecer os adestradores para esta vindeira temporada así como a planificación a seguir cos distintos equipos.

ABERTO PRAZO INSCRIPCIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ TEMPORADA 2015 2016!!!!

Dende o día de hoxe está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas para a temporada 2015 - 2016 e finalizará o mércores día 23 de setembro.

Os alumn@s das Escolas por 6 euros ó mes poden anotarse en todas as actividades que se ofertan, que un ano máis van dende o fútbol, fútbol sala, campo a través, atletismo, baloncesto, bádminton, tenis de mesa ata o patinaxe artístico.