Últimas Novas das Escolas Deportivas

Victorias de Xana Rguez en Picos de Europa e Carme Alonso en Ferrol

Xana Rguez. vence para o Maderas Barcia Lourenzá o IV Trail Blincapeñas Suarías nos Picos de Europa na Categoría sub-23.

Con un tempo de 1:41:23 percorría Xana Rguez. os 11 kilómetros do Trail Suarías para vencer na categoría sub-23 e ser 4ª ademáis da clasificación xeral.

 

Carme Alonso gana con autoridade a proba infantil do XXXI Memorial Adolfo Ros Volta á Ría en Neda (Ferrol)

Crónica Sección Atletismo fin de semana productivo!!!

Aleix Díaz e Henar Méndez por partida dobre suben ó podium do Trofeo Cidade de Narón

Aleix Díaz e Henar Méndez subían a un novo podium no trofeo Cidade de Narón, probas nas que tamén competían Ian Méndez e Brais Díaz.

Aleix subía ó caixón como medalla de bronce nos 300 metros lisos que facía por primeira vez con unha marca de 42.19. Ademáis nos 60 lisos 8,25(31 da xeral absoluta).

Dobre pódium para a benxamín Henar Méndez en 50 e 500 como subcampiona de ambas probas. En 50 (9,20) e en 500 (1,50,66).