Últimas Novas das Escolas Deportivas

Henar Méndez, Ian Méndez e Ana Vallines GANAN a Popular Xermade 2016. Subcampionatos para Andrea García, Cristian Piñeiro, Pablo Irimia e Carmen López!!!

Onte domingo en Xermade as balas dominaban as categorías menores en Xermade, nunha nova edición da súa popular:

Prebx. Feminino: 2 - Andrea García.

Benxamín Feminino: 1 - Henar Méndez.

Alevín Feminino: 4 - Diana Lastra.

Alevín Masculino: 1 - Ian Méndez.

Infantil Feminino: 1 - Ana Vallines

Cadete Masculino: 1 - Cristian Piñeiro

Xuvenil Feminino: 2 - Carmen López

Xuvenil Masculino: 2 - Pablo Irimia.

Ademáis, a delegada Loli Piñeiro recollía o premio ó clube con participación máis numerosa!!!

 

Noticias sección atletismo fin de semana

Henar e Ian Méndez triunfan na prestixiosa Milla de Marín!!!

O pasado sábado Henar e Ian participaban na prestixiosa Milla de Marín en Pontevedra, que coincidía co Cto. de España para categorías absolutas.

Henar en benxamín feminino alcanzaba o Subcampionato con un tempo de 3,58 sobre a distancia de 1000 metros.

Os Pitufos ó Poder!!! PRESENTACIÓN PREBENXAMÍN 2016 2017

Nun acto onde estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e o presidente do clube D. Pablo Maseda presentáronse os máis cativos das Escolas Lourenzá. Estiveron tamén presentes os adestradores Diego Rego e Michael Sante. O equipo adestrará os martes e xoves de 16,20 a 18,00 horas. Todos aqueles xogadores do 2090,2010,2011 e 2012 que querades incorporarvos ó plantel debedes comunicalo á maior brevedade posible posto que as prazas son limitadas. Moita sorte!!!

A Fonte da Rá e a sección de Patinaxe de Lourenzá!!! Marco incomparable!!! Presentado oficialmente o equipo da temporada 2016/2017!!!

Nun acto onde estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e a adestradora da sección de Patinaxe Dª. Tania Irimia presentaronse as alumnas desta sección que medra de ano en ano.

O equipo adestrará os sábados. Todos os alumn@s que querades incorporarvos ó plantel deste ano debedes comunicalo á maior brevedade posible posto que as prazas son limitadas. Moita sorte!!!