Últimas Novas das Escolas Deportivas

Victorias de Xana Rguez en Picos de Europa e Carme Alonso en Ferrol

Xana Rguez. vence para o Maderas Barcia Lourenzá o IV Trail Blincapeñas Suarías nos Picos de Europa na Categoría sub-23.

Con un tempo de 1:41:23 percorría Xana Rguez. os 11 kilómetros do Trail Suarías para vencer na categoría sub-23 e ser 4ª ademáis da clasificación xeral.

 

Carme Alonso gana con autoridade a proba infantil do XXXI Memorial Adolfo Ros Volta á Ría en Neda (Ferrol)

Crónica Sección Atletismo fin de semana productivo!!!

Aleix Díaz e Henar Méndez por partida dobre suben ó podium do Trofeo Cidade de Narón

Aleix Díaz e Henar Méndez subían a un novo podium no trofeo Cidade de Narón, probas nas que tamén competían Ian Méndez e Brais Díaz.

Aleix subía ó caixón como medalla de bronce nos 300 metros lisos que facía por primeira vez con unha marca de 42.19. Ademáis nos 60 lisos 8,25(31 da xeral absoluta).

Dobre pódium para a benxamín Henar Méndez en 50 e 500 como subcampiona de ambas probas. En 50 (9,20) e en 500 (1,50,66).

Pablo López Gallo, "Castrín", primeiro canteirán formado nas Escolas Lourenzá que é chamado pola Selección Española de Fútbol sub 17!! Noraboa!!!

Pablo López Gallo, "Castrín" acaba de ser citado pola Federación Española de Fútbol para os entrenamentos da Selección Nacional Sub 17 que terán lugar nas Rozas do 28 ó 30 do presente mes.

Pablo, natural de Riotorto milita agora no Lugo xuvenil. Deu os seus primeiros comenzos no mundo do fútbol e fútbol sala nas nosas Escoslas ó igual que o seu irmán Andrés, militando nos equipos benxamín e alevín de fútbol sala e fútbol 8; e xogando diversos torneos tamén en categoría infantil e cadete.