Últimas Novas das Escolas Deportivas

Novo patrocinador para o equipo xuvenil de fútbol das Escolas!!!

Nesta nova temporada onde o equipo xuvenil adestrado por Diego Rego comenzará a liga en breve o equipo estará PATROCINADO por O REI DAS TARTAS, unha marca universal que aposta polo traballo que dende as Escolas Lourenzá e ó Mondoñedo Fc están a facer co traballo de fútbol base. En breve estrearemos a nova equipación!!!

O Rei das Tartas disputa no día de mañá sábado un novo amigable, este caso recibindo ó C.D. S. Ciprián ás 18:00 horas en Anfield Cruz!!!.

Ford Talleres Cardi e Excavaciones Ramsei renovan o seu patrocinio cos equipos de fútbol INFANTIL e CADETE!!! Amigables de ambos equipos en Xove!!!

Por terceira temporada consecutiva os equipos de fútbol infantil e cadete seguirán patrocinados por Talleres Cardi (infantil) e Excavaciones Ramsei (cadete). Ambas marcas seguirán un ano máis vinculadas ás Escolas Lourenzá e ó Mondoñedo Fc abanderando os seus equipos de fútbol de categorías base.

Ambos equipos disputan este vindeiro sábado día 3 de setembro partidos amigables.

Infantil: 16,30 - Xove Lago - Talleres Cardi.

Muebles Huertas e Terras da Mariña continuarán patrocinando os equipos de Basket Feminino!!!

Muebles Huertas en Autonómica Sénior e Terras da Mariña en Autonómica Infantil seguirán vinculados ós equipos das Escolas. Ambas marcas sellan a continuidade unha temporada máis como principais sponsors.

Onte tivo lugar a presentación de ambos equipos no pavillón municipal, nun acto que estiveron presentes a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Francisco Dasilva, o Presidente do Club D. Pablo Maseda e os representantes de Muebles Hueras e Terras da Mariña.

Nayara Campo e Sergio García, os Afortunados no Sorteo da Colección de Cromos!!!

No día de onte realizouse o sorteo dunha tablet e dunha equipación de fútbol de 1ª división a aqueles alumn@s das Escolas que completaron entre os 10 primeiros o histórico álbum do clube; ademáis de entregarlles un cromo en formato xigante da súa foto favorita da colección.

Nayara Campo, xogadora do equipo de basket infantil; resultou agraciada coa tablet; mentres Sergio García, xogador do equipo de fútbol prebenxamín; foi afortunado cunha equipación de fútbol dun equipo de 1ª división que él elixa.

5 Títulos (Amina, Valeria, Nicolás, Ana e Aleix), 2 Subcampionatos (Ian e Hiba) e 5 Bronces (Marcos, Carmen, Aarón, Claudia, Pablo) configuran unha nova actuación brillante do Maderas Barcia Lourenzá na popular de Barres.

Onte domingo desprazabase a sección de atletismo a Barres, para participar na súa XIV Carreira Popular Ecce Homo. Resultados:

Prebenxamín Feminino: 1.- Amina Bouyzar.

Prebenxamín Masculino: 3.- Marcos Graña.

Benxamín Feminino: 1.- Valeria Álvarez. 3.- Carmen García. Ademáis Henar Méndez (4ª). Emma García(7ª).

Benxamín Masculino: 2.- Ian Méndez. 3.- Aarón Millares. Ademáis David Mtnez.(5º) e Brais Díaz(8º).