Últimas Novas das Escolas Deportivas

E o Venres 26 de Agosto Chega a XIX EDICIÓN DO DÍA DA BICI!!!

O vindeiro Venres día 26 de Agosto chega unha nova edición do Día da Bici a Lourenzá, neste caso a XIX edición. A saída será a partir das 18,30 e as inscripcións abriranse na Praza do Conde Santo ás 17,00 horas. Organizan as Escolas, e colabora o Concello de Lourenzá, Protección Civil de Lourenzá, Motos Santalla, La Voz de Galicia, Eroski City e Pastelería Cabaleiros.

Todos os participantes deberán levar casco, do contrario non poderán tomar parte na actividade.