Últimas Novas das Escolas Deportivas

Diego Rego e Eduardo Iglesias toman o mando dos equipos xuvenil e cadete!!!

No día de onte tivo lugar a presentación dos equipos cadete e xuvenil. No acto estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá, Dª. Rocío López e dous representantes dos clubs vinculados. Por parte das escolas estivo o seu presidente D. Pablo Maseda e por parte do Mondoñedo Fc. D. Jesús Basanta. Presentouse o novo proxecto cadete e xuvenil.

O nome de Lourenzá sonou no máis alto na prestixiosa Milla de Ares coa nova actuación das balas das escolas!!!

Desprazabase o pasado sábado parte da armada da sección de atletismo das Escolas á vila de Ares para participar na súa Prestixiosa Milla no paseo marítimo desta vila mariñeira.

En benxamín feminino, título para Iria Rguez (1,40) en 500 lisos, seguida de Carlota Fontela(Marineda Atlético) e bronce para Henar Méndez (1,45). Participaba tamén Emma García (14ª) dun total de 30 participantes nesta categoría.

En alevín feminino Carmen García 4ª con un tempo de 3,06 nos 800 lisos.

Foto Presentación 1º equipo Lourenzá

Onte martes 2 de agosto ás 20:30 presentouse en Sta. Cruz o 1º equipo das Escolas, que militará esta tempada no grupo norte da segunda autonómica. No acto estivo presidindo o Concelleiro de Deportes Francico Dasilva, o presidente do Clube Pablo Maseda, o delegado do equipo José Rguez. así como varios directivos. Conta coas novedades do adestrador Edu Mariño que entrenaba ás categorias inferiores do Viveiro CF , e seguen como ben sabedes na 1ª plantilla renovados:

- Jose A. Bermúdez García (Pichi)

Carmen García gana para o Maderas Barcia Lourenzá o tradicional cros de Cabanas en Ferrol

O pasado domingo tivemos 2 representantes das Escolas no tradicional cros de Cabanas en Ferrol. Carmen García impoñíase na categoría de menores (benxamín/alevín) con un tempo de 3,55 sobre un percorrido de 1000 metros polo areal de Cabanas. En segundo lugar entraba Inés López (C.A. Sada) e acompañábaas no pódium Alba Pena de C.A. Narón.

Ademáis a súa compañeira Emma García obtiña a 10ª posición na mesma categoría.

A vindeira cita para a sección será o vindeiro sábado día 6 de agosto participando varios dos seus integrantes na prestixiosa Milla de Ares.

Comenza a nova era Edu Mariño ó fronte das Escolas Lourenzá

Mañá martes 3 de agosto ás 20:30 horas será a presentación do primeiro equipo do ED Lourenzá, que militará esta tempada no grupo norte da segunda autonómica. Conta coas novedades do entrenador Edu Mariño que entrenaba as categorias inferiores do Viveiro CF , e seguen na 1ª plantilla renovados:

- Jose A. Bermúdez García (Pichi)

- Lucas Bouso Glez (Lucas)

- David Cabaleiro Pérez (Garrafín)

- Adrián Cabaleiro Rivas (Bugui)

- Diego Fdez. Rey (Carri)

- Felipe Glez. Docampo (Feli)

- Diego López Rego (Diego)

- Jorge López Vizcaíno (Jorge)