Novas

O Concello saca a concurso a xestión da cafetería do centro de servizos sociais, que está no Torreón do Mosteiro de San Salvador. A Alcaldesa explicou que estivo pechada durante uns meses á espera da prórroga do Bispado para a cesión temporal do local

Lourenzá, 24 de abril de 2013. O Concello de Lourenzá saca a concurso a xestión da cafetería do centro de servizos sociais, que está no torreón do mosteiro de San Salvador e mantívose pechada durante uns meses á espera da prórroga do Bispado para a cesión temporal do local.

Os alumnos do Obradoiro de Emprego remataron as obras no campo de fútbol e arranxarán un muro de pedra en Santo Tomé

Lourenzá, 22 de abril de 2013. Os alumnos do obradoiro de emprego remataron a obra no peche do campo de fútbol de Lourenzá e arranxarán un muro de pedra en Santo Tomé.

O concelleiro de Obras, Dino Vidal, explicou que “finalizouse a obra no peche do campo de fútbol, que estaba pendente de rematar, traballos dos que se encargaron os operarios do obradoiro de emprego que temos en Lourenzá compartido cos municipios de Barreiros e Mondoñedo”.

O xerente do Hospital da Costa, Francisco Soriano Paredes, pronunciou unha charla en Lourenzá sobre a área de xestión integrada na sanidade

O acto foi organizado polo Concello dentro do ciclo de conferencias mensuais e contou coa asistencia de 43 persoas, menos do que é habitual nestas charlas, xa que nas anteriores houbera máis presenza de público. Á alcaldesa, Emma Álvarez Chao, que presentou ao conferenciante, sorprendeulle que houbese menos asistentes que nas outras charlas celebradas en meses anteriores porque se trataba dun tema que está de plena actualidade e que fora proposto por un grupo de veciños.