Novas

A Comisión Municipal de Goberno adxudicou hoxe a construción do Museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos en Tovar. O prazo para a execución da obra é de dous meses e conta cun investimento de 135.720 euros máis ive

Lourenzá, 19 de abril de 2013. A execución do museo e centro de interpretación no Pazo de Tovar foi adxudicada hoxe pola comisión de goberno do Concello de Lourenzá cun orzamento de 135.720 euros máis IVE e un prazo de 2 meses á empresa Copcisa.

A alcaldesa critica ao vicepresidente primeiro da Deputación Provincial por non atender ás súas reiteradas solicitudes de reunirse con el dende xaneiro para falar da Festa da Faba e de infraestructuras deportivas.

Lourenzá, 17 de abril de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, critica ao vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga, porque non atende ás solicitudes de entrevista con el que a rexedora leva facendo dende o pasado mes de xaneiro en reiteradas ocasións e por diversos medios, incluso a través do concelleiro do Bloque Nacionalista Galego en Lourenzá.

O Concello proxecta mellorar alumeados públicos cun investimento de 24.000 euros. Xuntouse con A Pontenova e Trabada para optar a maior subvención da Xunta

Lourenzá, 13 de abril de 2013. A comisión de goberno do Concello de Lourenzá acordou solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, concretamente ao Inega, para aforro enerxético. Neste campo o goberno municipal proxecta investir 24.000 euros para mellorar dous alumeados públicos, os de Pedrón e Villapol. Co obxectivo de poder optar a maior porcentaxe de subvención o Concello de Lourenzá xuntouse cos de A Pontenova e Trabada, que entre os tres prevén un investimento total de 73.365 euros.